sábado, 29 de octubre de 2011

"Como deter esta delicia?" - Aquilino Iglesia Alvariño


Como deter, decide, esta delicia
do serán sobre a terra? ¿E este vento
que refolea os salgueiros, contra o río,
no lusco e fusco, onde se desfollan
entre as roseiras bravas?

¡E sentir o dulzor da dor tan leve
do corazón de cada rosa, cando
se enche a roseira dun silencio vivo,
ó esbarruxirse as follas, unha a unha,
caladamente, ás beiras da noitiña!

¿E aquel sono de son aqueloutrado,
de música tan lonxe que non oímos
e sabemos que encheo de estrelas vivas
corazóns que non son xa deste mundo?

¡E o trasacordo aquel e aquel abato
tan sutil que sentira o noso peito!

¡E aquel verso senlleiro que non puido
entrar nunca no gozo do poema!

domingo, 23 de octubre de 2011

Temporal énfase de loucura.


Embriagador,
temporal énfase de loucura.
Inspiración divina,
ti, nume, posuidor da miña cordura.

Vento que xira e non pasa.
Convírteste no eixe imaxinario da miña vida.
Punzante coitelo do destino.
Louco amante. Perdida alma sen guía.

Camiño valado,
destino, oh, cruel destino.
Morro de novo.
Enganada e malferida por este sino.

Encarcelamento de amor,
morte prematura polo teu engano.
Vida defusa sen ti.
Vida sen sentido que non vai a ningún lado.