jueves, 28 de noviembre de 2013

Ti.

Perto dun río que m'anda a susurrar verbas incomprensíbeis.
Lonxe, moi lonxe dun ceo cuberto de choiva.
Teño latente no corasón unha ferida...
Estou lonxe do lugar o que amo,
estou lonxe do meu lar.



Sorrindo leda polo seu recordo,
cun forte pranto pola ausencia.

Morrendo paseniño... sen saber se a voltarei ollar.

sábado, 23 de noviembre de 2013

Revolución

Ela recolleu os seus cabelos cunha man, impedindo que a chama da revolución llos queimase.

El, sostiña unha bandeira.
E a abaneaba facendo oitos: de adiante para atrás. Avivando a chama.
E por máis que correu, por máis que quixo correr, queimouse. Queimáronse.
Namoráronse.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Campo de batalla.

Ca fariña xogabamos a que a aldea era un campo de batalla.



Xamáis esqucerei cando entrei naquel bar en busca de refuxio.
Un home empurrou a porta con forza e mantívoa pechada
para que non entrase ninguén máis.

Era só fariña, pero as súas faces descompostas polo medo e a adrenalina,
semelláronseme ás dos soldados da guerra
cando saben que van morrer.

Gritaban, empurraban e pedían que lles abrísemos:
"antes de que cheguen"
"antes de que cheguen, por favor!"

E eu, cos ollos cheos de bágoas,
saboreando a impotencia,
contemplei como aqueles inocentes morrían baixo una nube de fariña.

Eso si... de mentira.