domingo, 27 de noviembre de 2011

Longa noite.



Soñar máis alá dos cumios.
Fuxir da pena.
Ensordecer cos ríos, co mar furioso
os choros da agonía.
Aproveitar e difuminar co resío a amargura.

Longa noite.
Curuxa, vento.
Oubear dos montes,
que matas a perfección da lúa.

Estrelas, sino,
brilade,
alumeade o frío rostro.
Sede testemuñas da morte.

Vós, ondas do mar.
Acampade nesta longa noite.
Acompañade a harmonía
dos lamentos desta alma que foxe.

sábado, 29 de octubre de 2011

"Como deter esta delicia?" - Aquilino Iglesia Alvariño


Como deter, decide, esta delicia
do serán sobre a terra? ¿E este vento
que refolea os salgueiros, contra o río,
no lusco e fusco, onde se desfollan
entre as roseiras bravas?

¡E sentir o dulzor da dor tan leve
do corazón de cada rosa, cando
se enche a roseira dun silencio vivo,
ó esbarruxirse as follas, unha a unha,
caladamente, ás beiras da noitiña!

¿E aquel sono de son aqueloutrado,
de música tan lonxe que non oímos
e sabemos que encheo de estrelas vivas
corazóns que non son xa deste mundo?

¡E o trasacordo aquel e aquel abato
tan sutil que sentira o noso peito!

¡E aquel verso senlleiro que non puido
entrar nunca no gozo do poema!

domingo, 23 de octubre de 2011

Temporal énfase de loucura.


Embriagador,
temporal énfase de loucura.
Inspiración divina,
ti, nume, posuidor da miña cordura.

Vento que xira e non pasa.
Convírteste no eixe imaxinario da miña vida.
Punzante coitelo do destino.
Louco amante. Perdida alma sen guía.

Camiño valado,
destino, oh, cruel destino.
Morro de novo.
Enganada e malferida por este sino.

Encarcelamento de amor,
morte prematura polo teu engano.
Vida defusa sen ti.
Vida sen sentido que non vai a ningún lado.

viernes, 16 de septiembre de 2011

Chove.


Chove.
Deitate no leito da cordura.
Amárrate forte.
Non perdas esta batalla.
Chora.
Érguete.
E deixa que os deuses abracen o teu ser.

miércoles, 20 de julio de 2011

A fenestra maldita. Unha fenestra chea de dor.


É realmente incrible, doloroso e frustrante
o momento no que te das conta de que realmente si,
es idiota.
Creíches na túa propia mentira.
Creaches un conto, unha historia falsa.
Esperanzaches a túa alma, sabendo que xamais serás feliz.
Ámalo. Ante todo.
Adóralo. E calas.
Quérelo. Pero quérelo demasiado e deixalo fuxir.

domingo, 10 de julio de 2011

A fenestra dun desengano



Adeus, amante, adeus
Confidente, numen, obsesión.
Dígoche adeus porque crin na miña mentira.
Fixéchesme caer na perdición.
E agora o único que preciso e morrer,
morrer entre os teus beizos.
Pero son soños imprecisos.

viernes, 24 de junio de 2011

A fenestra dunha despedida.


Adeus, amante, confidente, amigo.
Adeus.
Sei que voltarei.
Pois antes de coñecerte xa te amaba demasiado.
Debes crelo.
Pero apagouse.
E agora non sei se choro polo que te quixen
ou porque xa non podo xogar con ese xoguete que manipulaba.
Marcha, e busca un novo amencer.

sábado, 21 de mayo de 2011

A fenestra de pedra de Celso Emilio Ferreiro.


"O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra."



É unha fenestra
porque podo ver a luz.
Tímida, esvarando ata chegar aos meus pés.
É de pedra
porque estou enganada.
Soa, agardando un sopro de aire,
algo que me diga que por fin son libre,
algo que me afirme que todo este inferno rematou.

Seguirei loitando!
Loitando por unha ideoloxía política!
Loitando polo meu futuro!

viernes, 13 de mayo de 2011

A fenestra de Lois Pereiro.



"Punk, a retórica Rock and Roll e a imaxe suburbana habitaba nun existencialista"
Introdución dun artigo da única obra de Lois Pereiro escrito por Daniel Salgado

De espíritu anarquista.
Punk na alma.
Loitando polo que non se pode gañar.
Pesimista, porque xa non podía máis.
Apagaron a chama, xa o sabías.
Borraron a tinta dun poeta, erro imperdoable.
Pecharon os cadernos da súa imaxinación, triste vinganza por pecar.
O destino.
A súa vida.
Adeus Lois.
Desfruta desta homenaxe.
Eu, tamén cuspirei na túa lápida.

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar no que eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e furia necesaria"
Inscripción na lápida de Lois Pereiro.

sábado, 7 de mayo de 2011

A fenestra de Rosalía.



"Cava lixeiro, cava,
xigante pensamento,
cava un fondo burato ond' a memoria
do pasado enterremos.
¡Á terra cos difuntos!
¡Cava, cava lixeiro!
E por lousa daraslle o negro olvido
i a nada lle darás por simiterio."

Porque eras pequena, insignificante.
Única na túa terra.
E matáronte.
Matáronte de pena.
Matáronte por cortar as túas ás.

martes, 3 de mayo de 2011

A fenestra de Curros Enriquez



Curros.
Humilde poeta.
Desgrazado, por ter no interior un sentimento.
Desgrazado por denunciar, por gritar o que calaban as xentes.
Beato excomulgado.
Beato na orde dos poetas.
Beato na orde da verdade.

Benvidos.


Benvidos a iste novo proxecto.