jueves, 19 de abril de 2012

Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir.

Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín.
Nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabou para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, ...?
¿De qué, pois, te queixas di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me cravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min.
Pois dinche canto puden,
avaricioso de ti,
o meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teno máis que darche,
nin ti máis que pedir.

Rosalía de Castro Cantares Gallegos

No hay comentarios:

Publicar un comentario