sábado, 25 de febrero de 2012

Unha fenestras por Rosalía de Castro.


Onte, 24 de febrero, cumplíronse 175 años do nacemento dunha das mellores escritoras de Galicia: Rosalía de Castro.
Para todos, e para rendirlle a máis solemne homenaxe, quixen compartir hoxe dous dos seus máis fermosos poemas na miña opinión.
Para min é un verdadeiro orgullo poder compartir isto con vos posto que ela é un dos meus grandes referentes literarios e polo cal, comecei a escribir.
Desfrutádeo.

Cava lixeiro, cava,
xigante pensamente,
cava un fondo burato ond'a memoria
do pasado enterremos.
¡Á terra cos difuntos!
¡Cava, cava lixeiro!
E por lousa daraslle o negro olvido
i a nada lle darás por simiterio.
.....................

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m'asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te m'amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa

Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o murmurio do río,
i es a noite, i es aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin m'abandonarás nunca,
sombra que sempre m'asombras.

jueves, 19 de enero de 2012

En contra do vento.


Deshumanizar o que nunca foi humano.
Soprar en contra do vento.
Escoitar o nunca dito
Camiñar no limbo da nada.

Matar o que xa morrera.
Mollarse no resío.
Nadar nas bágoas que nunca chorei.
Berrar e agardar que o eco responda aos meus lamentos.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Longa noite.



Soñar máis alá dos cumios.
Fuxir da pena.
Ensordecer cos ríos, co mar furioso
os choros da agonía.
Aproveitar e difuminar co resío a amargura.

Longa noite.
Curuxa, vento.
Oubear dos montes,
que matas a perfección da lúa.

Estrelas, sino,
brilade,
alumeade o frío rostro.
Sede testemuñas da morte.

Vós, ondas do mar.
Acampade nesta longa noite.
Acompañade a harmonía
dos lamentos desta alma que foxe.

sábado, 29 de octubre de 2011

"Como deter esta delicia?" - Aquilino Iglesia Alvariño


Como deter, decide, esta delicia
do serán sobre a terra? ¿E este vento
que refolea os salgueiros, contra o río,
no lusco e fusco, onde se desfollan
entre as roseiras bravas?

¡E sentir o dulzor da dor tan leve
do corazón de cada rosa, cando
se enche a roseira dun silencio vivo,
ó esbarruxirse as follas, unha a unha,
caladamente, ás beiras da noitiña!

¿E aquel sono de son aqueloutrado,
de música tan lonxe que non oímos
e sabemos que encheo de estrelas vivas
corazóns que non son xa deste mundo?

¡E o trasacordo aquel e aquel abato
tan sutil que sentira o noso peito!

¡E aquel verso senlleiro que non puido
entrar nunca no gozo do poema!

domingo, 23 de octubre de 2011

Temporal énfase de loucura.


Embriagador,
temporal énfase de loucura.
Inspiración divina,
ti, nume, posuidor da miña cordura.

Vento que xira e non pasa.
Convírteste no eixe imaxinario da miña vida.
Punzante coitelo do destino.
Louco amante. Perdida alma sen guía.

Camiño valado,
destino, oh, cruel destino.
Morro de novo.
Enganada e malferida por este sino.

Encarcelamento de amor,
morte prematura polo teu engano.
Vida defusa sen ti.
Vida sen sentido que non vai a ningún lado.

viernes, 16 de septiembre de 2011

Chove.


Chove.
Deitate no leito da cordura.
Amárrate forte.
Non perdas esta batalla.
Chora.
Érguete.
E deixa que os deuses abracen o teu ser.

miércoles, 20 de julio de 2011

A fenestra maldita. Unha fenestra chea de dor.


É realmente incrible, doloroso e frustrante
o momento no que te das conta de que realmente si,
es idiota.
Creíches na túa propia mentira.
Creaches un conto, unha historia falsa.
Esperanzaches a túa alma, sabendo que xamais serás feliz.
Ámalo. Ante todo.
Adóralo. E calas.
Quérelo. Pero quérelo demasiado e deixalo fuxir.