miércoles, 13 de febrero de 2013

Campo de batalla.

Ca fariña xogabamos a que a aldea era un campo de batalla.



Xamáis esqucerei cando entrei naquel bar en busca de refuxio.
Un home empurrou a porta con forza e mantívoa pechada
para que non entrase ninguén máis.

Era só fariña, pero as súas faces descompostas polo medo e a adrenalina,
semelláronseme ás dos soldados da guerra
cando saben que van morrer.

Gritaban, empurraban e pedían que lles abrísemos:
"antes de que cheguen"
"antes de que cheguen, por favor!"

E eu, cos ollos cheos de bágoas,
saboreando a impotencia,
contemplei como aqueles inocentes morrían baixo una nube de fariña.

Eso si... de mentira.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Afastáronse.

Enfundado naquela gabardina parisién despediu a súa amada cun lene xesto de chapeu.
Botando un falso sorriso, ao tempo que se abafan as súas lentes.

Abafáronse polo contraste do frío inverno e a quente malencolía.
Afastouse o autocar, ao mesmo tempo que se afastaban os corazóns namorados.

jueves, 17 de mayo de 2012

Letras Galegas 2012

Temos lendas para contar ao carón do lume.
Temos un conxunto de tradicións que ninguén entende.

É fermoso, miña terra, o solpor entre os montes do Courel.
É fermosa, Galiza, a dor das ondas cando morren contra a Costa da morte.

Como podo explicar o calafrío ao ver como corta a silueta do castelo de Monterrei no solpor?
Como podo explicar aos demáis o doce sabor que me deixan as túas verbas?



Galiza, amo cada un dos recunchos que están entre as túas fronteiras.
Montes, castros, costas...
Galiza, amo cada unha das verbas que nos fan únicos.
Ialma, brétema, solpor, orballo...

Os bágoas dos que tiveron que marchar.
A emigración, que tratou de matar a nosa nazón, só a fixo máis forte.



Choro ao sentir o teu verdor ao reflexar nos meus ollos de auga.

Palpar o tacto do vento.
O ar impregnado de cada unha das partes do teu corpo, furtiva amante.

O mirar dos que non nos entenden,
cando choramos de morriña,
as nosas tradicións,
o pranto ao escoitar o noso hino, as nosas gaitas, a nosa música, as nosas voces...
As nosas voces recitando o conxuro da queimada.

Nazón de Breogán.
Nai mestra.
Terra de meigas, feitizáchesme.




Desperta do teu sono fogar de Breogán.

domingo, 6 de mayo de 2012

Feliz día da Nai.

Que mellor xeito de celebrar o día da nai que agradecéndolle todo o que fixo por min.
Que mellor mostra do seu inmenso amor que este poema escrito por ela.



Ameite!
Cando presentín que estabas no meu ventre.
Unhas bágoas percorreron as miñas fazulas cando sabía que estabas ahí.
Eras a miña nena!

Sentín o teu corpo pequeno e miudiño,
o teu corazón latía tan forte,
como se buscara por onde saír para atoparse co meu.

Sabía que ti, ias ser a miña vida, o meu amor.
A nosa filla!

Cando naciches,
o primeiro que vin foron os teu olliños
buscando a mirada dos teus pais.

Cousiña pequena!
Estálame o corazón de terte ao noso carón.
Mans pequenas, fixéronse moi grandes cando por fin te puiden agarimar.
Cando por fin te puiden achegar ao meu peito.

Estou aiquí amor.
Mires cara onde mires nunca te deixarei.
Serei a túa compaña se ti queres,
aínda que estés lonxe.
Sínteme preto de ti.

Recorda...
Amámoste máis
que a ninguén e nada no mundo,
non o esquezas, miña pequena.

Canto máis creces

¡máis crece o amor!

martes, 1 de mayo de 2012

Soa.

A partir deste momento comeza a miña conta atrás.
Quen sabe se me deparan vinte ou trinta anos máis!
Son un esprito fráxil, alguén inestable
con firmes puntos de apoio que temo que se derruben.

Cometo pecados sen ter en conta o máis alá.
Quen sabe que me depara ao outro lado!
Vago pola vida desexando, tan só, avanzar.



Vago soa pola vida,





rodeada de xente.

jueves, 19 de abril de 2012

Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir.

Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín.
Nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabou para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, ...?
¿De qué, pois, te queixas di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me cravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min.
Pois dinche canto puden,
avaricioso de ti,
o meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teno máis que darche,
nin ti máis que pedir.

Rosalía de Castro Cantares Gallegos

martes, 10 de abril de 2012

Soño?

Quen auguraría un presente tan incerto e frustrante!
Unha a unha, as razóns que me facían vivir
convértense na causa central dos meus desexos de morte.

Ata me marea a rotación da Terra nestes intres!
Repouso na inconsciencia.
Nada é certo.


Nada é certo?